CB ARTEIXO DUACODE 50 -51 KFC CULLE B
8-14, 6-13, 22-6, 7-10, 7-8
Rematou esta longa tempada para o equipo. E o fixo cun partido con dúas caras ben diferentes. Unha na primeira parte na que parecía que o equipo se ía deixar ir como sucedera en boa parte da tempada e outra, a segunda parte, que foi do mellor (se non o mellor) que fixo o equipo nesta tempada.
Empezamos igualados, pero varios erros de concentración permiten unha tripla e unha canastra sen oposición debaixo do aro que nos mandan 6 abaixo ao final do cuarto.
O segundo cuarto vai polo mesmo camiño. Despistes na defensa e pouca intensidade no ataque. Ao final do cuarto, os visitantes case que nos dobran no marcador, e semella que xa damos por rematada a tempada.
Pero ao voltar do descanso, os xogadores parecen outros. Empezan a defender e a pelexar todos os balóns, aumentan a actividade defensiva e, como consecuencia, o ataque faise máis rápido. Os puntos van subindo ao marcador como nunca na tempada e os visitantes non son quen de anotar. O resultado é que os nosos só permiten duas canastras neste cuarto e chegan ao final do mesmo con 3 puntos de vantaxe.
O último periodo transcorre moi igualado, e as defensas superan claramente aos ataques. Moita tensión e intensidade, pero pouco acerto. Os visitantes igualan o marcador e dispoñemos da última oción a falta de 4 segundos, pero non somos quen de anotar. E chegamos á prórroga.
Nesta prórroga mantense a igualdade. Pero os nevios marcan o xogo. Fallamos varios tiros libres (ao igual que en todo o partido) e os de Pablo Somoza lévanse o partido pola mínima.
Unha gran segunda parte chea de esforzo e concentración que nos ten que facer pensar que este é o camiño de cara á tempada vindeira e que, sen esforzo, non se chega á meta.
Xogaron Anás, Ronny, Víctor, Manuel, Iago, Gonzalo, Gabriel, Abel e Ángel, e non puidero xogar por diferentes motivos Samuel, Andrés, Miguel e Pedro.