Senior: Santo Domingo Betanzos 83-89 CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 01/12/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 40-70 ADFRO · 30/11/2019 16:00 Pazo dos Deoortes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 38-41 KFC Culleredo · 30/11/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Trebóns BC Esclavas 67-51 CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div · 30/11/2019 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Cadete: Esclavas 45-56 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 01/12/2019 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div 81-31 Maristas Champagnat · 30/11/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santa María del Mar B 11-62 CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 01/12/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div 24-74 BV Asesores Los Rosales · 01/12/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña Leyma U11 61-11 CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 30/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo || Alevín: Calasanz 47-30 CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 30/11/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: KFC Culleredo Amarillo 41-50 CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 30/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO

Sénior Masculino 2ª
16 Maio 2019
REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO
REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO REMATE DUNHA TEMPADA PARA O RECORDO

CB ARTEIXO DUACODE 65 - 49 COMPAÑÍA DE MARÍA (19-05, 07-17, 21-13, 18-14)

Presentábase o CB Arteixo Duacode na final a catro de Foz coa ilusión de poder acadar o ascenso a primeira catgoría autonómica despois de facer unha segunda volta extraordinaria, e o primeiro atranco no camiño sería o conxunto colexial que na liga regular fora quen de gañarlle os dous encontros os nosos, pero neste caso as cousas serían diferentes.

Comezaban os de Arteixo moi centrados, cunha defensa case que perfecta e un ataque xogando o que nos teñen acostumados estes xogadores. O encontro semellaba ben encamiñado con 14 puntos de ventaxe o final de este primeiro parcial.

Pero a cousa non ía a ser tan sinxela e as tornas viraron no segundo cuarto, onde os de Compañía de María axustaron a súa defensa e comezaron a poñer en moitos problemas os nosos. O descanso só catro puntos de ventaxe para os de Arteixo.

A segunda parte comezaba moi igualada pero cara o minuto 3 os do CB Arteixo Duacode voltaron a subir a intensidade defensiva e retomaron o bo xogo no ataque para voltar a colocarse por riba dos 10 puntos.

O cuarto definitivo foi igualadísimo, cun conxunto santiagués ameazando con achegarse no marcador, pero un final de encontro moi serio dos de Arteixo fixo que o resultado no perigara e que os nosos accederan a GRAN FINAL do domingo.

Gran encontro en xeral tan só empañado por un baixo porcentaxes no tiro libre 15 de 29 que terían que mellorar si querían quedar campións.

Xogaron e anotaron: ANDRÉS 12, CONCHADO 7, NACHO 11, OCAMPOS 6, JESÚS 13, ANTELO 6, ESCARIZ 2, IAGO 8, SIMÓN, ROBER E VAL.

 

CB CELTAS CCA FOZ 71 - 56 CB ARTEIXO DUACODE (18-14, 23-16, 13-11, 17-15).

Chegaba o gran día, o CB Arteixo na final e o pavillón de Torques de Marzán a rebentar (espectacular a afección local montando festa dende 30 minutos antes) e todo disposto para un gran espectáculo baloncestístico.

O encontro comenzou moi tenso, como non podía ser de outra maneira, pero mentres que a os nosos non lle entraban tiros que normalmente entran, os locáis comezaban con dúas canastras impresionante en boas defensas do Arteixo. O cal fixo que eles atemperaran os nervos e nos non... Despois todo igualouse e o encontro estaba en catro-cinco puntos.

No segundo cuarto o acerto dos focenses seguiu subindo, con algunhas boas accións e tamén cunha tripla o taboleiro que fixo dano nos visitantes. Que neste intre xa comezaban a darse de conta que non gañarían o encontro dende a liña de 6,75. O balanzo final de triplas 5 de 31 para os nosos que sumado a un 11 de 19 nos libres facía imposible alcanzar a victoria.

E iso foi o que pasou na segunda parte, onde a intensidade defensiva do CB Arteixo Duacode foi moi alta, sacando forzas de onde non había, pero o acerto ofensivo foi nulo. Ademáis pouco a pouco íase perdendo a forma de xogar que nos trouxera ata aquí, facendo tiros o primeiro pase, e indo cada un pola súa conta. Por varios momento semellaba que o CB Arteixo meteríase no encontro baixando da barreira dos 10 puntos pero non foi así, xa que  esa tripla que nos enganchar no encontro nunca chegou. O final merecida victoria para os Celtas.

Non quero rematar estas liñas sen destacar a nosa afección, uns 50 afeccionados que se desprazaron na tarde do domingo dende Arteixo para animar o senior de segunda. Foi moi emocinante ver a esa xente na grada sen parar de animar  sendo minoría. En varios momentos os berros de Arteixo!! Arteixo!! eran o único que se escoitaba no pavillón. SODES MOI GRANDES!!

Xogaron e anotaron: CONCHADO 22, JESÚS 11, ANDRÉS 7, OCAMPOS 9, ESCARIZ 2, NACHO 2, ANTELO 3, ROBER, IAGO E SIMÓN.

Lamentar a baixa de Dani Cochón en toda a fase por un tema familiar, e a de Hugo Val na final por problemas de saúde.

Ponse fin a unha tempada sensacional dos nosos senior que comezaban alá por finales de agosto sen ningunha intención de quedar tan preto do ascenso, pero que según ían pasando as datas ían vendo como a opción de disputar a fase estaba máis preto.

Enhoraboa a todos os que participastedes desta tempada que xa será inesquencible.

VOLTAREMOS!!

 

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.