Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

RECUPERANDO A ANOTACIÓN

Cadete Feminino 2ª
21 Xaneiro 2019
RECUPERANDO A ANOTACIÓN
RECUPERANDO A ANOTACIÓN

CB ARTEIXO DUACODE 68 - 25 TOP QUALITY CARS CAMBRE (06-04, 21-06, 15-06, 26-09)

Obxectivo claro o que tiñan as de Arteixo para este encontro: anotar con regularidade.

O comenzo do encontro non presaxiaba que se fora a coseguir xa que os erros se sucedían un tras outro, iso si, a concentración defensiva era máxima.

No segundo cuarto as tornas comezaron a cambiar e as boas accións ofensivas tiñan o premio de rematar en canasta ata anotar neste periodo 21 puntos.

Tras o descanso as cousas continuaron polo mesmo camiño, provocando no conxunto cambrés que esgotaran en moitas ocasións os 24 segundos de posesión, pero a anotación baixou un chisco.

O mellor quedaría para o final cun cuarto de moito nivel ofensivo anotando nada máis e nada menos que 26 puntos. Está claro que non sempre se vai poder anotar esa cantidade de puntos pero o certo é que este equipo ten moitos puntos nas súas mans, e ese debe ser o camiño nas próximas datas. Hay que ter confianza nos lanzamentos e tamén un pouco de calma.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.