Recordade que esta semana e a última oportunidade de apuntarse ao CAMPUS CB ARTEIXO DUACODE-CONCELLO DE ARTEIXO que este ano cambia de datas pasando a celebrarse do 2 ao 13 de Xullo en horario de 10:00 a 14:00 de luns a venres, no Pavillón e nas pistas exteriores do CEIP Ponte dos Brozos.
Deixámosvos aquí o cartel do Campus e o tríptico que poderedes descargar para realizar a inscrición e no que atoparedes toda a información do campus.Tamén temos a disposición algún tríptico na nosa oficina no Pazo dos Deportes de Arteixo.
NON AGARDES A ÚLTIMA HORA!