KFC CULLE 85 - CB ARTEIXO DUACODE 29 (22-06, 18-09, 24-08, 21-06)
Cando saes a pista sen estar o 100 x 100 contra o mellor conxunto da competición suceden estas cousas...
Sabían as visitantes que o encontro sería difícil, pero tiñan ilusión por poder competir ben contra as de Culleredo. Pero axiña veuse que a cousa non iría por bo camiño...perdas de balón inxenuas, rebotes e máis rebotes, despistes defensivos, en fin, un desastre para comezar.
No segundo cuarto a cousa mellorou un chisco pero con moitos altos e baixos no xogo, polo menos perdeuse o medo a facer as cousas!
O comezo da segunda parte semellaba que todo ía a mellor pero sobre todo no ataque os problemas eran inmensos. A defensa polo menos estaba a traballar ben ante a superioridade física e táctica das locáis.
Deste xeito o cuarto definitivo non tivo moita historia.
Toca aprender dos erros cometidos e seguir dando pasiños a diante para poder competir contra os mellores conxuntos da competición.