Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 09/11/2019 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: Dimolk Xiria Artai - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 10/11/2019 10:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - Trebóns BC · 09/11/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U15 - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 09/11/2019 16:00 polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Infantil: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 09/11/2019 16:00 Col. Compañía de María - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - CB Calasanz · 09/11/2019 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Obradoiro Fem 1º ano - CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 09/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div - Montrove · 09/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo

PRIMEIROS BROTES VERDES

Infantil Masculino 2ª
6 Febreiro 2019
PRIMEIROS BROTES VERDES
PRIMEIROS BROTES VERDES

 

ACB COSTA DA MORTE 31 - 55 CB ARTEIXO DUACODE

Sábado 2 de febreiro de 2019, 12.00h, Pavillón Municipal - Cee

CB Arteixo Duacode: Mario De Oliveira, Iker García, Miguel Lorenzo, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Lucas Vidal, Raúl Vázquez, Aharón Pin, Álex Rama, Anxo Novás, David Eirís (adestrador)

ACB Costa da Morte: M.Furones, M.Buschmann, R.Canosa, F.Giomarini, X.Duarte, X.Canosa, Y.Mouzo, X.Caamaño, M.Traba


Parciais: 11-12, 14-19 (descanso), 25-39, 31-55 (final)

Asistencia: Aproximadamente unos 30 espectadores


Os arteixáns comezaban o encontro con relativo acerto no ataque, pero saltaban á pista con certa relaxación física e mental. Polo tanto, non eran capaces de manter a concentración defensiva, xa dende o inicio das transicións. E no xogo posicional as axudas chegaban tarde cando se precisaba delas (11-12 min 10).

No segundo cuarto os nosos continuaban a transmitir as mesmas sensacións. Compartindo o balón máis que de costume pero con moitas imprecisións, os arteixáns tiñan cada vez máis problemas para anotar ante un rival con máis desexo pero aínda máis errático nas súas ocasións (14-19 descanso).

Na segunda metade asistiríamos os mellores minutos do que vai de tempada. Agora sí, un bo traballo colectivo daba os seus froitos en defensa e permitía recuperacións que remataban en claras ocasións. Cando non era así, os arteixáns xeralmente tiñan a temperanza de compartir o balón co compañeiro mellor situado. Tras un tempo morto chegarían dous minutos de desconcerto no terceiro periodo, onde os locais recortaban diferenzas rápidamente. Sen embargo, na primeira pausa os nosos retomaban o control do partido, xa ata o remate do mesmo e acadando só na segunda parte máis puntos que na maioría dos encontros previos (31-55 final).

Rematado o partido, unha parte da expedición arteixán aproveitaba o desprazamento para xuntarse no xantar. Unha xuntanza que resultaba ser unha boa experiencia e esperemos que a primeira de máis.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.