Peche de tempada para o cadete e infantil feminino cun encontro amigable contra o Ensino de Lugo.
O partido decantouse moi rápido do lado Lucense cunha forte defensa en toda a pista que impedía ás locáis tirar a canastra. Pero pouco a pouco as nosas fóronse asentando na pista e igualando moito o xogo.
De feito na segunda parte mesmo chegaron a ameazar con colocarse por diante no luminoso, pero un arreón final das de Aigor Romo deixou as cousas como no inicio do choque.
A verdade é que o partido estivo ben, pero é o de menos, o importante foi o bo ambiente o final do encontro entre dous grupos de rapazas que souperon diferenciar moi ben o que é competir durante o encontro con dureza e que todo remata coa bucina final.
Moitas grazas o Ensino por prestarse a poñer este broche final a nosa tempada e en especial o seu adestrador por facer o esforzo de desprazarse o noso pobo un domingo pola mañá.