Senior: Compañía de María - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 11/05/2019 17:00 Pavillón Marzán - Foz || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Basquet Coruña S · 15/05/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Liceo La Paz · 10/05/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: BV Asesores Los Rosales B - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 11/05/2019 12:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª - Compañía de María B · 11/05/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 11/05/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB As Pontes - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 12/05/2019 17:00 Pavillón Municipal As Pontes || Alevín: CB Montespiño B - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 11/05/2019 12:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Peñarredonda - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 11/05/2019 09:30 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto - KFC Culle Mixto · 11/05/2019 11:00 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

PRIMEIRA VICTORIA PARA O INFANTIL MASCULINO

Infantil Masculino 2ª
27 Novembro 2018
PRIMEIRA VICTORIA PARA O INFANTIL MASCULINO
PRIMEIRA VICTORIA PARA O INFANTIL MASCULINO

CB ARTEIXO DUACODE 42 - 33 ACB COSTA DA MORTE

Sábado 24 de novembro de 2018, 16.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo

Primera victoria para o CB Arteixo Duacode no grupo 3 da 2ª División Infantil.

CB Arteixo Duacode: Diego Bonifacio, Juan Sánchez, Aharón Pin, Hugo Lombao, Brais Martínez - 5 inicial - Miguel Lorenzo, Lucas Vidal, Mateo García, Anxo Novás, David Eirís (adestrador)

Causaban baixa para este partido Mario De Oliveira, Iker García, Raúl Vázquez e Manu López.

ACB Costa da Morte: M.Furones, M.Buschmann, R.Canosa, F.Giomarini, X.Duarte, X.Canosa, Y.Mouzo, X.Caamaño, M.Traba


Parciais: 12-5, 26-17 (descanso), 36-25, 42-33 (final)

Asistencia: Bo ambiente no Pazo dos Deportes en vísperas do encontro do primeiro equipo do clube


Tras un arranque frío por parte dos arteixáns, éstes mellorarían coa chegada das primeiras substitucións. Unha melloría especialmente defensiva, a cal non concedería máis canastras no resto do cuarto (12-5 min 10).

Grazas ao gran acerto nas primeiras posesións, os locais alcanzaban rápidamente a máxima diferenza do encontro (uns 15 puntos de diferenza) ao comezo do segundo período. Sen embargo, isto comezaría a provocar certa relaxación nos arteixáns e que aproveitarían os visitantes para poñerse de novo vivos no partido (26-17 descanso).

Na segunda metade reducíase a efectividade anotadora. Ámbolos conxuntos chegaban a gozar de ocasións preto de canastra que sen embargo non eran capaces de materializar (36-25 min 30).

No derradeiro cuarto mantíñase a tendencia do período anterior, polo que os arteixáns tiñan que facer un esforzo extra en defensa para conservar as diferenzas da primera metade. Nos minutos finais, os locais mostrarían alguns nervios propios da situación e non serían capaces de acougarse na ofensiva, pero afortunadamente chegábase ao final do choque para alegría dos nosos mozos e da bancada (42-33 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.