Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Peleteiro Frutas Barreiro · 23/03/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Carnicería Muiño costa da Morte - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 24/03/2019 17:00 Pavillón Municipal - Cee || Junior: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 23/03/2019 20:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 23/03/2019 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre B · 24/03/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santo Domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 24/03/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - BBCA Tras do Castelo · 23/03/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña U12/11 - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 23/03/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Benxamín: KFC Kulle Mixto - CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto · 23/03/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

PRIMEIRA VICTORIA DO JUNIOR

Júnior Masculino 2ª
25 Outubro 2018
PRIMEIRA VICTORIA DO JUNIOR

CD LOS ROSALES 62 - 64 CB ARTEIXO DUACODE

(19-6; 17-15; 15-27; 11-16)

O júnior acadou a primeira victoria (despois de perder no Pazo a xornada anterior) en un partido con duas caras moi diferentes, unha na primeira parte con despistes contínuos e outra na segunda con moita concentración e actividade, ademàis de acerto.

Empezou o partido cos nosos moi fríos. Os locais dominan tódalas facetas do xogo e vanse no marcador cunha diferenzza clara. O rebote é totalmente local e as segundas e terceiras opcións debaixo do noso aro danlle aos coruñeses canastras contínuas.

No segundo cuarto xa se van igualando as cousas, pero non somos quen de rebaixar a diferenza. Aínda que xa se vai vendo outro partido, chegamos ao descanso con 15 puntos de desvantaxe que semellaban moitos para recuperar.

Pero á volta do parón o cambio foi moi grande. Moita presión sobre o balón e agresividade á hora de atacar o aro rival, loita por tódolos rebotes, e moita intensidade. Todo isto fai que a distancia vaia mingüando e, a pesares de varios percances físicos, e chegamos ao final do terceiro cuarto con só 3 puntos de desvantaxe despois de anotar 27 puntos neste período.

No último cuarto logramos remontar e colocarnos por diante no marcador, aínda que a diferenza sempre foi curta. Pero os xogadores foron capaces de aguantar a presión local e acadar unha victoria importante, sobre todo por como se produciu.

Xogaron Iago, Simón, Enzo, Raúl, Samuel, Zeus e Gonzalo.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.