Rematou a primeira semana de adestramentos dos senior do Club Baloncesto Arteixo Duacode.
Unha semana con moitas caras novas chegadas de diversos equipos da nosa contorna, así coma varios xogadores do club que disputan o seu primeiro ano senior. Tamén atopamos entre os asistentes un bo puñado de clásicos do baloncesto arteixán.
Este ano os equipos senior serán dirixidos dende o banquiño por Iván García e Fran Lozano.
En calquera caso, moi bo traballo por parte de todos!! A semana próxima a tope de novo!!