|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

POUCA PRODUCTIVIDADE PARA TANTO BO XOGO

Cadete Feminino 2ª
3 Abril 2019
POUCA PRODUCTIVIDADE PARA TANTO BO XOGO

BBCA PRAIA DE MARMADEIRO 39 - 48 CB ARTEIXO DUACODE (05-12, 10-09, 17-16, 07-11)

Saída espectacular das arteixáns cunha intensidade moi por enriba da media e cun xogo moi vistoso no ataque que sen embargo case que nunca remataba en canastra. Esa era a mágoa... que non había productividade ofensiva, algo que sería extensible o resto do encontro, excepto un rato no terceiro cuarto onde os dous conxuntos anotaban con moita facilidade ante a pasibidade das dúas defensas.

Destacable tamén o traballo defensivo por parte das visitantes que unha vez máis deixan o rival por baixo dos 40 puntos.

En xeral un bo encontro no que se foron solventando diversos problemas plantexados polas ferroláns, incluida unha defensa zonal que as do CB Arteixo Duacode superaron con solvencia en non poucos momentos.

En definitiva un bo encontro con poucos altibaixos, pero que volve a deixar un regusto amargo polo escaso acerto de cara o aro. Algo a mellorar nos vindeiros encontros.

En calquera caso as de Iván García acadan a súa 5ª victoria nesta segunda fase, e agardan esta fin de semana a visita do único conxunto que foi quen de derrotalas nesta parte da tempada, o Santo Domingo de Betanzos.

XOGARON POLAS ARTEIXÁNS: LOLA, MIRIAM, INÉS, LAURA, SUSANA, ANTÍA RODRÍGUEZ, CARLA, ANDREA E XOANA.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.