CB ARTEIXO DUACODE 27 - 72 ASESORÍA SUEIRO BASKET XIRIA ARTAI
2-18, 11-12, 4-28, 10-14
Voltamos á realidade de esta tempada, falta de concentración e intensidade que nos fan encaixar duros parciais e non nos deixan competir.
Outra vez nos volve a pasar que empezamos completamente fríos e desconectados do xogo. Debido a esta falta de concentración, cometemos moitas perdas de balón e permitimos que os rivais anoten case sen oposicón. A distancia e, sobre todo, as sensacións ao final do primeiro cuarto xa nos poñen o partido case imposible.
No segundo cuarto as sensacións cambian un pouco (debido tamén a que os visitantes baixan un pouco o ritmo).
Pero despois do descanso volvemos as andadas. Perdas contínuas de balón, despistes na defensa, ...
En fin, con estas situacións é moi difícil competir.
Xogaron Víctor, Manuel, Iago, Gonzalo, Andrés, Miguel, Gabriel e Pedro. Non puideron xogar Samuel, Ronny, Abel e Ángel.