BV ASESORES LOS ROSALES "B" 32 - 86 CB ARTEIXO DUACODE (03-24, 10-17, 06-26, 13-19)
Así foi, por fin o cadete feminino anotou con continuidade. Levaban as nosas rapazas toda a tempada tratando de facer un encontro completo na ofensiva e por fin chegou.
O primeiro cuarto xa permitía ver que a cousa pintaba ben, sen embargo xa houbo varias situacións anteriores na que un bo arranque de encontro na anotación non seguía o mesmo camiño no resto do partido.
Pero neste caso non sería así cun terceiro periodo con 26 puntos anotados, e un segundo e cuarto que non estiveron nada mal.
E de destacar que todas as xogadoras que sairon a pista anotaron, e non un punto, as que menos quedaron en 8 puntos acadando deste xeito unha victoria de conxunto.
Ademáis a defensa unha vez máis acompañou, igual baixou un chisco no cuarto final onde as visitantes encaixaron 13 puntos, pero o resto do encontro amosou moita consistencia e intensidade para rebotear ou roubar e sair rápido o contraataque.
Este vindeiro fin de semana remata a primeira fase coa visita de Culleredo o Pazo, o coco da competición que conta os seus partidos por victorias. Toca facer un bo partido mellorando o realizado na ida.