BASQUET CORUÑA S 64 - 52 CB ARTEIXO DUACODE (17-05, 20-23, 15-14, 12-10)
O encontro quedou moi condicionado no primeiro cuarto, onde os arteixáns non eran quen de anotar de ningunha das maneiras, algunha vez despois de mover ben a bola e as máis despóis de caer na precipitación. Ademáis os coruñeses cargaban moito o xogo preto do aro e tiñan acerto. Os 12 puntos de diferenza deste cuarto serían os que quedarían no marcador final.
No segundo cuarto todo cambiou no ataque visitante, case que todos os tiros remataban entrando na canasta local, a maioría producto do bo xogo colectivo, unha mágoa unha vez máis que a defensa non fora moi consistente e permitira demasiadas canastras sinxelas por parte dos da Coruña. En calquera caso a diferenza quedaba en 9 puntos e opcións para a segunda parte.
O encontro na segunda parte saiu moi moi igualado, con momentos nos que semellaba que os do CB Arteixo Duacode podía achegarse un chisco máis e outros nos que os locáis ameazaban con rachar o encontro definitivamente.
No cuarto definitivo, onde tocaba dar o arreón final os visitantes tiveron que lidiar cun montón de problemas físicos que limitaron moitísimo a rotación e que lastraron definitivamente as opcións de remontada dos arteixáns.
En calquera caso continúa a mellora no xogo e nas sensacións do conxunto de terceira, aínda que polo momento non chega para acadar a segunda victoria da tempada.