|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

PENÚLTIMO BANZO

Alevín Masculino
23 Maio 2019
PENÚLTIMO BANZO
PENÚLTIMO BANZO

 

PEÑARREDONDA 29 - 71 CB ARTEIXO DUACODE

Sábado 11 de maio de 2019, 9.30h, Agra II - A Coruña

CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Carlos Senra, Víctor de Oliveira -5 inicial- Álex Rama, Yago Prados, Martín Rodríguez, Álvaro Fernández, Óscar Mañana, David Eirís (adestrador)

Parciais: 3-16, 3-24, 10-38 (descanso), 12-46, 16-56, 29-71 (final)

Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente


Bo encontro do CB Arteixo Duacode no seu penúltimo banzo de cara a acadar o campionato ligueiro de xeito invicto. Mostrando as súas mellorías defensivas dende o arranque, os arteixáns incomodaban ao rival e mantiñan o cadeado na súa propia canastra con solvencia. No outro lado da pista os nosos xogaban xeralmente con bo criterio e anotaban con bo ritmo, chegando con marxe ao descanso (10-38 descanso).

Na segunda metade os nosos mantíñanse máis pendentes do xogo que do resultado. Os arteixáns seguían completando accións de mérito, tanto individual coma colectivamente. E se cadra o máis positivo, con tódolos xogadores involucrados no xogo. Coma toque de atención, en defensa botaban por terra todo o traballo previo e non eran quen de conter os ataques do rival no tramo final, encaixando soamente no derradeiro periodo case os mesmos puntos que no resto do choque. En calquera caso, un equipo con maiúsculas, que leva toda a tempada agardando a oportunidade de poder competir contra os mellores e demostrar que lle poden gañar a calquera (29-71 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.