CBA ARTEIXO DUACODE 60 - 24 NORDATA BASKET XIRIA (16-02, 13-07, 09-13, 22-02)
Presentábase no Pazo dos deportes un dos conxuntos que máis complicara a vida as arteixáns na primeira volta para pechar a primeira fase, e as locáis non defraudaron fecendo un encontro moi completo.
De inicio xa se vía que non sería o mesmo partido que na ida, cunha defensa moi intensa e tratando de anotar con asiduidade, deste xeito as carballesas tan só poideron acadar unha canastra no primeiro periodo.
No segundo cuarto a cousa igualouse bastante e a defensa local deixou de defender a tope, o que foi ben aproveitado polas visitantes.
Tras o descanso a cousa foi a peor, chegando a dominar o xogo as de Carballo, mentres que as arteixáns perdéronse en ataque con moitas imprecisións e precipitación e a defensa foi baixando moito máis do desexable a concentración.
Pero o mellor estaba por chegar nun cuarto definitivo no que as de Iván García fixeron un xogo sensacional, cunha defensa case que perfecta para rematar levando o cuarto por 22-2 e unha victoria cómoda.
Remata unha primeira fase na que as do CB Arteixo Duacode rematan con 12 victorias e só 2 derrotas contra un Basquet Coruña intratable con rapazas todas de segundo ano.
As nosas xogarán por segundo ano consecutivo no grupo que da dereito a ascender de categoría, o que xa é un premio en si mesmo. Agora toca seguir mellorando e disfrutando do baloncesto TODAS XUNTAS.