|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

PECHE DE TEMPADA PARA O CADETE FEMININO

Cadete Feminino 2ª
30 Maio 2019
PECHE DE TEMPADA PARA O CADETE FEMININO
PECHE DE TEMPADA PARA O CADETE FEMININO

CLÍNICA DENTAL NOA BASKET XIRIA ARTAI 55 - 25 CB ARTEIXO DUACODE (15-10, 06-03, 17-10, 17-02)

O marcador é verdade que foi finalmente moi amplo a favor das carballesas, pero o xogo non foi tan dispar. Máis ben ó contrario, foi un dos mellores encontros das nosas. A mágoa o de sempre, o acerto!! Sirva coma exemplo o 7 de 22 en tiros libres.

No inicio o encontro estaba moi igualado con intercambio de canastras polos dous conxuntos, pero cun pouco máis de acerto por parte das locáis.

A defensa das arteixáns no segundo parcial foi espectacular, pero unha vez máis non foi acompañada dun ataque atinado de cara o aro tan só 3 puntos neste periodo.

Según ían pasando os minutos o cansanzo facía "mella" nas visitantes que ademáis de ter que loitar contra un Xiria con moito nivel tiñan as baixas de Andrea e Carla, o que facía que a rotación fora moi escasa.

Deste xeito as locáis foron marchando definitivamente no marcador cun contundente 17-2 no cuarto definitivo.

Xogaron polas nosas: Miriam, Inés, Lola, Susana, Laura, Antía Rodríguez e Xoana.

Deste xeito pónse fin a unha tempada con moitas dificultades, xa que case que todo o ano os adestramentos foron de 5 e 6 xogadoras. Pero as nosas hai que facerlles un monumento!! Máximo esforzo e moita concentración en tódolos adestramentos para rematar facendo un moi bo xogo durante moitos encontros.

Mención aparte para as infantís, que axudaron e moito!! durante toda a tempada amosando un gran compromiso. Prácticamente tódolos días axudaron Carla, Antía Rodríguez, Xoana e Andrea. A diferentes encontros o resto: Antía López, Sofía, Uxía, Sabela, Zeltia, Lucía e Marta.

Tan só queda darvos as grazas a todas por unha tempada moi boa, para o ano hai que seguir a mellorar!!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.