Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

PECHE DA PRIMEIRA VOLTA

Alevín Masculino
25 Marzo 2019
PECHE DA PRIMEIRA VOLTA
PECHE DA PRIMEIRA VOLTA

 

BÁSQUET CORUÑA U11/12 23 - 61 CB ARTEIXO DUACODE

Sábado 23 de marzo de 2019, 9.30, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Álex Rama, Hugo Nuñez, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Brais Queijas, Yago Prados, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)

Parciais: 10-11, 11-14, 11-33 (descanso), 12-37, 15-54, 23-61

Asistencia: Bo ambiente na xornada de minibasket disputada no Pazo


Nos primeros intres o rival comezaba liderando. Os arteixáns arrincaban sen actitude defensiva e moi incómodos no apartado ofensivo, pero o acerto exterior permitía manter a igualada. A partires do segundo periodo os nosos melloraban a concentración defensiva e obtiñan recompensas, á conta dun rival que comezaba a acusar as baixas. Sen embargo, non serían quen de traducir o esforzo defensivo en canastras ata o terceiro periodo, pero chegando con marxe ao descanso (11-33 decanso).

Na segunda metade mantíñase o mesmo guión. Os arteixáns seguían incómodos en ataque, especialmente no xogo posicional, ata que no quinto periodo amosaban un pouco máis de claridade. Isto, xunto co feito de conservar o cadeado na súa propia canastra, sentenciaba o choque antes do derradeiro periodo. Un periodo onde o conxunto rival daba un arreón para o 23-61 final.

Con este resultado os arteixáns pechan a primeira volta liderando o seu grupo de xeito contundente e co sabor amargo de non poder aspirar xa a un campionato galego por normativa e xogo seica merecido.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.