Senior: CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div - Santo Domingo Betanzos · 26/10/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Oleiros - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 26/10/2019 19:00 Pavillón Canide - Mera || Junior: SAnto domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div · 26/10/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Basquet Coruña U18 · 27/10/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div - Basquet Coruña U16/15 · 27/10/2019 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div - Obradoiro Fem · 27/10/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Basquet Coruña U14 - CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 26/10/2019 16:00 paviilón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div - Compañía de María · 26/10/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Jesuitinas B · 26/10/2019 09:30 Pol. Agra II Pista 1 - A Coruña || Alevín: Emilia Pardo Bazán CDR - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 26/10/2019 11:30 Pol. Agra II Pista 1 - A Coruña || Benxamín: Compañía de María Azul - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 26/10/2019 12:30 Pol. Agra II Pista 2 - A Coruña

PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS

15 Xullo 2019
PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS
PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS PECHAMOS A XII EDICIÓN DO NOSO CAMPUS

O último día do XII Campus do CB Arteixo Duacode Concello de Arteixo trouxo algunha que outra novidade, como foi  a de facer turismo pola nosa vila, visitando a Ponte dos Brozos o paseo fluvial e a rúa peonil. Tamén nos achegamos ata o Servizo Municipal de Deportes e a Casa do Concello. Por último tamén fixemos unha visita a dous patrocinadores do Club O Petisco e General Óptica Arteixo.

Foi unha mañán moi entretida e diferente cun agradable paseo polo pobo.

Xa de volta as instalacións do Colexio Ponte dos Brozos recibimos a visita de outro dos nosos patrocinadores: Álvaro Enriquez de Duacode. Grazas pola visita, sempre é un pracer terte entre nos!!

Para rematar houbo a entrega de premios os gañadores dos concursos que se fixeron o longo das dúas semanas nos diferentes grupos.

Como sorpresa final os monitores recibimos unha impresionante tarta de chocolate por parte dunha xogadora cadete que se achegou ata Ponte dos Brozos, como tiña prometido, para que os traballadores tiveramos o mellor final posible, Moita grazas Inés!!

Non queda máis que dar as grazas a todos os que un ano máis confiastedes en nos (este ano eramos 65 e queremos ser máis) para deixarnos os vosos rapaces e rapazas o noso cargo. Tamén agradecer o comportamento xeral de todos, moi por enriba do notable. Agradecer por último tamén o traballo de todos os que fixeron posible que a XII edición do campus fora un éxito: monitores, o consexe (Julio eres un crack), os nosos patrocinadores e como non o Concello de Arteixo sen eles sería imposible facer esta actividade.

O ano que ven máis e esperamos que mellor!!

 

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.