|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

PASO ADIANTE

Alevín Masculino
12 Febreiro 2019
PASO ADIANTE
PASO ADIANTE PASO ADIANTE

 

CB ARTEIXO DUACODE 71 - 20 FRANCISCANOS

Sábado 9 de febreiro de 2019, 9.30, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Álex Rama, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial- Hugo Núñez, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)

Parciais: 18-0, 28-0, 36-5 (descanso), 47-13, 61-16, 71-20 (final)

Asistencia: Bo ambiente na xornada de minibasket disputada no Pazo


O partido comezaba ben para os arteixáns. Conxunto local a tódolos efectos, xa que o encontro daba comezo ao carrusel de partidos de minibasket que se celebraba no Pazo dos Deportes. E así, con moitas imprecisións en finalizacións pero dispostos a traballar en defensa, os arteixáns despegábanse rápidamente no marcador (36-5 descanso).

Na segunda metade era o conxunto rival o que arrincaba mellor, o bo traballo defensivo dos primeiros periodos comezaba a resentirse. Sen embargo, os nosos tomaban conciencia de xogar con máis calma e colectivamente, o que durante determinadas fases do choque permitiría ao afeccionado deleitarse con verdadeiro baloncesto (71-20 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.