Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - CB Allariz · 06/04/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Laracha M3 - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 05/04/2019 21:30 IES Agra de Leborís - A Laracha || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Santo Domingo Betanzos · 06/04/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Dominicos · 07/04/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Centro Veterinario Eume - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 07/04/2019 17:00 Pavillón A Casqueira - Pontedeume || Alevín: Franciscanos Coruña - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 06/04/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

PARTIDO MOI IGUALADO

Cadete Masculino 2ª
11 Abril 2019
PARTIDO MOI IGUALADO

CB ARTEIXO DUACODE 49 - 55 DOMINICOS

14-16, 8-12, 16-16, 11-10

Partido moi igualado case que durantre todo o tempo, só no segundo cuarto os colexiais foron quén de acadar unha vantaxe que lles sería suficiente para gañar o partido.

Intensos desde o principio do partido e sen deixar xogar cómodos aos xogadores visitantes, as distancias no marcador son mínimas. Mantendo unha boa nota durante todo o primeiro cuarto.

No segundo cuarto aparece o desconcerto no ataque que fai que so sexamos capaces de anotar dúas canastras en xogo. Aínda así, unha boa actitude defensiva non deixa que os coruñeses acaden unha vantaxe grande no marcador. Chegamos ao descanso 6 puntos abaixo, pero as sensacións son boas.

No terceiro cuarto os ataques superan ás defensas e a anotación dos dous equipos é alta. Non somos capaces de reducir a anotación do rival e a distancia ao final mantense nos indicados 6 puntos.

No último cuarto, os xogadores apretan máis na defensa e reducen a aportación visitante, pero o noso ataque non pode producir o suficiente para rebaixar a diferencia. Ao final, gañamos o cuarto pero non podemos remontar.

Xogaron: Anás, Ronny, Víctor, Manu, Iago, Andrés, Miguel, Gabriel, Pedro e Ángel. Non puideron xogar Samuel, Gonzalo e Abel.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.