CB LARACHA M3 82 - 40 CB ARTEIXO DUACODE (24-08, 28-16, 17-07, 13-09)
Ante o resutado acadado pouco máis hai que engadir, porque si o que escribe di todo o que pensa igual a algún lle parecía mal...
A verdade é que estamos ante un conxunto sen alma con moi pouco carácter competitivo e eso contra conxuntos do nivel do larachés págase, e moi caro.
Cando no primeiro cuarto encaixas 24 puntos e no segundo 28 e nin se che ocurre facer faltas, pois non hai moito máis que dicir.
Na segunda parte ben é verdade que as cousas se igualaron, pero nestes casos non se sabe moi ben si é que os nosos subiron un chisco a intensidade ou si que os da Laracha xa estaban de vacacións.
En calquer caso peche a unha liga con moitos baixos e moi poucos altos, na que o equipo de terceira non cumpliu coas expectativas competitivas (non falamos de resultados) que se esperaba, aínda tendo en conta que é verdade que o nivel da liga subiu varios peldaños. Xa tan só queda facer unha copa digna para marchar de vacacións coa sensación de que o ano próximo pódense facer boas cousas.