COMPAÑÍA DE MARÍA 39 - CB ARTEIXO DUACODE 42 (14-12, 11-08, 04-14, 10-08)
Segundo encontro da copa primavera e primeira victoria para as nosas que seguen optando a estar entre as dúas primeiras clasificadas para acceder a final a 4.
Comezaba o encontro con intercambio de cestas polos dous conxuntos, algo que non beneficiaba as de Arteixo, acostumadas a medrar dende a defensa.
No segundo cuarto a cousa non mellorou moito na defensa das visitantes e ademáis o acerto foi caendo en picado. Deste xeito as colexiais ameazaban con marchar no marcador.
Na charla do descanso todo ía encamiñado a recobrar o bo funcionamento da defensa e a intensidade que caracteriza o conxunto arteixán. E así foi, un terceiro periodo sensacional na defensa e no ataque (aínda que a productividade non foi alta) e o xogo pasou a estar dominado polas do CB Arteixo Duacode que acadaron as súas primeiras ventaxas no luminoso.
No cuarto definitivo as cousas seguían a ir polos mesmos derroteiros e a falta de 3 minutos e 7 puntos de ventaxa semellaba todo resolto pero un arreón final das coruñesas propiciado por varios erros visitantes fixo que houbera emoción ata o final. Pero a victoria terminou marchando para Arteixo.