CB ARTEIXO DUACODE 22 - 75 BASQUET CORUÑA U15/16
Parciais: 10-12, 5-23, 1-17, 6-23
Outra derrota abultada do equipo cadete. Tamén contra Basquet Coruña.
O partido empezaba ben para os nosos. Bo ritmo e concentración e igualdade no marcador, aínda que xa se vía que íamos ter problemas no rebote debido a gran diferencia física cos xogadores rivais. E, pouco a pouco primeiro, este factor vai decantando o partido do lado visitante.
No segundo e no terceiro cuarto, ademáis aparece a falta de intensidade que provoca que os coruñeses xoguen a pracer. Dominan o rebote e corren, anotando con moita facilidade. Moitas perdas de balón e despistes nos dous lados da pista disparan a diferencia no marcador.
Tampouco mellora o equipo no último cuarto, debido tamén ao baixón moral por verse tan abaixo no tanteador.
Quédanos moito por traballar, sobre todo para non baixar os brazos e tentar competir durante todo o partido e ver de mellorar o máis posible.
Xogaron Samuel, Víctor, Manu, Iago, Gonzalo, Miguel, Pedro, Abel e Ángel.
Destacar que Andrés, xa recuperado, fixo a roda de quecemento e esperamos que poida empezar a participar xa para o próximo partido.