Terceiro encontro da tempada no que os Benxamíns do CB Arteixo Duacode enfrontouse a un vello coñecido, o equipo de Montrove, que remata cunha nova derrota para os Arteixáns.
Estes equipos xogaron un partido de pretempada, no que o equipo de Montrove gañou por unha gran diferenza demostrando a súa maior experiencia competindo.
No encontro desta fin de semana, desde o primeiro momento, Montrove obtivo unha gran vantaxe que mantivo e aumentou a medida que pasaron os cuartos. Non obstante, a pesar da diferenza de puntos, os Arteixáns mostraron unha mellora respecto ao xogo de pretempada.
Estamos tomando pequenos pasos no camiño correcto,
Resultado: CB Arteixo Duacode 5-56 Montrove