|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

O ÚLTIMO CUARTO EMPAÑA UN BO PARTIDO

Sénior Masculino 3ª
29 Xaneiro 2019
O ÚLTIMO CUARTO EMPAÑA UN BO PARTIDO

MONEYBALL GALIWOD 59 - 36 CB ARTEIXO DUACODE (16-16, 12-09, 15-09, 15-02)

Unha mágoa que o encontro rematara tan mal porque a sensación xeral foi boa.

Comezo de encontro moi igualado, onde os do CB Arteixo Duacode movían a bola e tiñan acerto de cara o aro rival. Na defensa alternaban accións de moito mérito con outras moi desafortunadas.

No segundo cuarto o acerto por parte dos dous conxuntos baixou un chisco, tamén é verdade que as defensas axustaron moito mellor. O descanso os arteixáns estaban a competir de maravilla contra un dos mellores conxuntos da categoría.

Tocaba sair tras do tempo de lecer moi concentrados para que os coruñeses non escaparan no marcador e así foi, a concentración era alta pero xa se vía que o acerto no terminaba de aparecer.

E os peores presaxios faríanse realidade no cuarto definitivo onde un contundente 15-02 de parcial deixaba os visitantes sen ningunha opción de victoria e cun moi mal sabor de boca despois de competir moi ben durante 3 cuartos.

En calquer caso a liña segue a ser ascendente, tendo que buscar máis continuidade no xogo e máis consistencia defensiva.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.