Non pudo ser, o primeiro encontro da temporada do senior zonal acabou cunha abultada derrota na cancha de Maristas.
Comezou o partido de maneira espectacular, cunha boa defensa e xogando en ataque con moi bo ritmo e un alto acerto de cara o aro, pero os colexiais pouco a pouco foron asentándose na pista e tras as primeiras ventaxes dos visitantes foron quen de marchar ó final do primerio cuarto por diante no marcador.
No segundo cuarto aínda resistiron os do CB Arteixo Duacode polo menos nos 6 primeiros minutos, pero dous de despiste total fixeron que os de Maristas marcharan ata os 17 puntos de ventaxa o descanso.
A volta do tempo de lecer os arteixán puxéronse as pilas e comezaron a defender con máis intensidade pero o acerto no ataque non acompañaba. Pero non desesperaron e pouco a pouco comezaron a baixar a diferenza ata deixala en tan so 10 puntos. Pero nun abrir e pechar de ollos os coruñeses voltaron a marchar os 20 puntos.
No cuarto definitivo non houbo historia, aínda que os arteixáns non deixaron de pelexar xa o partido estaba decidido.
Non estivo mal o xogo, pero si o equipo quere competir nunha categoría que este ano medrou de nivel o traballo defensivo ten que ser moito máis constante e máis intenso.
RESULTADO: MARISTAS CORUÑA 98-CB ARTEIXO DUACODE 61 (20-19, 30-18, 25-14, 23-10)
Xogaron por os arteixáns: DANI F. 5, VICTOR 4, ADRIÁN L. 11, ADRIÁN Z. 6, PABLO 6, DYLAN 12, DANI A. 12, DIEGO 5, JACOBO, NICO, JAVI, HUGO E FRAN