Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

O SENIOR DE SEGUNDA VOLTA A SENDA DA VICTORIA EN VIGO

14 Febreiro 2020
O SENIOR DE SEGUNDA VOLTA A SENDA DA VICTORIA EN VIGO
O SENIOR DE SEGUNDA VOLTA A SENDA DA VICTORIA EN VIGO

SENIOR SEGUNDA DIVISIÓN

SALESIANOS VIGO 63 - 77 CB ARTEIXO DUACODE

Encontro moi serio o que xogaron os nosos senior na tarde do sábado en Vigo. Quitando o primeiro cuarto, no que a defensa foi moi contemplativa, o resto do encontro estivo presidido por moita implicación por parte de todos en esta tarefa. O ataque tivo máis altos e baixos, pero o encontro sempre estivo controlado polos nosos.

SENIOR TERCEIRA DIVISIÓN

CB ARTEIXO DUACODE 51 - 66 CALVO ARTAI

Bo encontro dos senior, contra un dos mellores conxuntos da competición os nosos sacaron o seu mellor xogo. De todos xeitos non foi de abondo para alcanzar a ansiada victoria.

JUNIOR MASCULINO

CB ARTEIXO DUACODE 65 - 44 COMPAÑÍA DE MARÍA

Gran encontro do junior masculino que comezoun a gañar o mesmo nun inicio sensacional, cun parcial no primeiro cuarto de 25 - 11.

JUNIOR FEMININO

CB ARTEIXO DUACODE 52 - 37 TREBÓNS BASKET CLUB

Por fin chegou a merecida victoria para as nosas, que sustentadas nunha boa defensa e nos 24 puntos de Inés foron quen de dobregar as coruñesas.

CADETE MASCULINO

MONTROVE BLANCO 70 - 67 CB ARTEIXO DUACODE

Un encontro de infarto o que se viviu no polideportivo de Mera!! Os nosos xogaron o mellor encontro da tempada a pesar de presentarse con tan só 6 efectivos. Este sí é o camiño para a evolución esperada. Mágoa de esa tripla nos últimos segundos que decantou o encontro do lado de Montrove.

INFANTIL MASCULINO

CB ARTEIXO DUACODE II 61 - 38 CB CAMBRE

Unha nova victoria para os de Fran Lozano que desta banda non xogaron moi ben, pero a superioridade física bastou para amarrar o encontro.

BASQUET CORUÑA 46 - 50 CB ARTEIXO DUACODE 1

Os nosos infantís de primeiro ano acada a súa segunda victoria da tempada nun encontro moi igualado, que sempre estivo controlado polos de Arteixo

INFANTIL FEMININO

ESCLAVAS 9 - 59 CB ARTEIXO DUACODE

As infantís do CB Arteixo Duacode continúan a súa boa xeira de resultados.

ALEVÍN MASCULINO

CB ARTEIXO DUACODE 72 - 19 JESUITINAS B

Gran victoria dos rapaces de Dani Fraga que desta banda si xogaron como deben, apretando forte na defensa e xogando con rápidos contraataques.

ALEVÍN FEMININO

CB ARTEIXO DUACODE 62 - 34 SANTA MARÍA DEL MAR

Unha gran victoria de conxunto, onde as nosas amosaron moita concentración nos 6 periodos.

BENXAMÍN FEMININO

CB ARTEIXO DUACODE 72 - 21 COMPAÑÍA DE MARÍA

CB CULLEREDO 49 - 48 CB ARTEIXO DUACODE

Dobre xornada para as pequenas do club, que foron quen de xogar dous encontros moi completos, onde comezou a verse unha evolución clara en aspectos ofensivos. Na defensa tamén se están a dar pasiños pequenos pero firmes.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.