|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

O SENIOR DE SEGUNDA NON DA LUGAR A SORPRESA

Sénior Masculino 2ª
21 Xaneiro 2019
O SENIOR DE SEGUNDA NON DA LUGAR A SORPRESA

SANTO DOMINGO DE BETANZOS "B" 53 - 68 CB ARTEIXO DUACODE (14-21, 12-14, 11-22, 16-11)

Visitaba o CB Arteixo Duacode a cancha do último clasificado buscando a quinta victoria consecutiva e non defraudou.

Boa posta en escea con un bo xogo de conxunto no ataque, movendo a bola e metendo moitos balóns interiores para mover a defensa betanceira. Na defensa o nivel era alto pero preto do final do cuarto un par de erros graves fixeron que os visitantes non racharan o encontro.

O segundo cuarto estivo marcado polo desacerto en situacións sinxelas preto do aro ante o poderío físico dos locáis, sin embargo a defensa neste caso si que acompañou durante todo o periodo.

Tras o descanso viñeron os mellores momentos dos arteixáns que fixeron gala dunha férrea defensa que lles permitiu correr en varios contraataques, e en ataque posicional atopaban seguido a un inspirado Andrés que remataría o encontro con 23 puntos e 9 de 9 no tiro libre.

Con 20 puntos de ventaxa entrábase no último cuarto con case que todo decidido, pero os arteixáns pretendían non caer na relaxación, e de inicio a intensidade seguiu cara arriba pero pouco a pouco fóronse deixando ir como era normal.

Últimamente todo son boas novas e unha máis foi a recuperación de Dani Cochón que disputou os seus primeiros minutos despois da longa lesión de nocello.

XOGARON E ANOTARON; ANDRÉS 23, COCHÓN 9, ANTELO 8, CONCHADO 7, HUGO VAL 2, NACHO 5, ESCARIZ 6, IAGO 2, OCAMPOS 6 E ROBER (non xogou por lesión).

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.