Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

O SENIOR DE SEGUNDA LOITARÁ POLO ASCENSO POR SEGUNDA TEMPADA CONSECUTIVA

18 Decembro 2019
O SENIOR DE SEGUNDA LOITARÁ POLO ASCENSO POR SEGUNDA TEMPADA CONSECUTIVA
O SENIOR DE SEGUNDA LOITARÁ POLO ASCENSO POR SEGUNDA TEMPADA CONSECUTIVA O SENIOR DE SEGUNDA LOITARÁ POLO ASCENSO POR SEGUNDA TEMPADA CONSECUTIVA

SENIOR SEGUNDA DIVISIÓN

CALVO ARTAI 59 - 72 CB ARTEIXO DUACODE

SENIOR TERCEIRA DIVISIÓN

BASQUET CORUÑA 97 - 55 CB ARTEIXO DUACODE

 

Xogábase moito o noso senior de segunda na visita a Carballo, moito máis do que poda parecer o faltar aínda 3 xornadas. E os do CB Arteixo non defraudaron, facendo o partido máis serio do que vai de tempada. De inicio a os dous equipos lles costaba anotar (notábase a tensión), pero chegando o final do primeiro cuarto os de Arteixo acadaban un parcial de 9 a 0 que lles daba as primeiras ventaxas. O segundo cuarto sería para os carballeses que puxeron en moitos atrancos os nosos coa presión en toda a pista.

Tras o descanso os de Iván García afinaron moito a defensa deixando os de Artai en tan só 9 puntos, para entrar no cuarto final con 10 puntos de marxen o seu favor. Esta diferenza sería mantida xa ata o final do encontro.

Deste xeito a falta de 2 xornadas o CB Arteixo Duacode acada o pase a loitar polo ascenso unha tempada máis. Agora si que se pode dicir que estamos no camiño!!

 

Pola súa banda o senior de terceira no puido superar o seu compromiso contra o Basquet Coruña, voltando a caer nos mesmos erros de toda a tempada. Bo xogo no ataque (hai que seguir mellorando) pero unha desastrosa defensa. Cando encaixas 97 puntos tes moi poucas opcións de gañar o encontro...

Non queda outra que traballar e de cara a volta do Nadal facerse fortes dende atrás.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.