RESULTADOS DA XORNADA:
BENXAMÍN FEMININO
CB ARTEIXO DUACODE 36 - 73 MONTROVE
Moi bo partido das máis pequenas do club, que se atoparon cunha das mellores xogadoras da competición. Pero o avance das nosas é moi evidente!! A seguir así!!
ALEVÍN MASCULINO
XIRIA CARBALLO 36 - 26 CB ARTEIXO DUACODE
Non fixeron un bo partido os nosos que se amosaron moi desacertadas no ataque. Aínda que é moi de alabar o comportamento defensivo o longo de todo o encontro.
ALEVÍN FEMININO
COMPAÑÍA DE MARÍA 41 - 24 CB ARTEIXO DUACODE
Semellaba que sería un encontro igualado pero o final as nosas non estiveron moi acertadas. Un pasiño a diante e 3 cara atrás. A seguir traballando.
INFANTIL FEMININO
CB ARTEIXO DUACODE 66 - 16 COMPAÑÍA DE MARÍA
Segue a boa racha do conxunto de Iván García.
INFANTIL MASCULINO
CALASANZ 22 - 73 CB ARTEIXO DUACODE 2
Os de Fran Lozano seguen a súa evolución e voltaron a realizar un gran encontro con fases de moi bo xogo.
CADETE MASCULINO
CB ARTEIXO DUACODE 32 - 70 BASQUET CORUÑA U 15
Gran primeira parte dos nosos que semellaba competirían o encontro ata o final, pero a segunda parte voltou a ser un desastre e as opcións de victoria marcharon.
JUNIOR FEMININO
ESTUDIANTES LUGO 69 - 35 CB ARTEIXO DUACODE
Seguen os problemas de anotación para as nosas junior, que por momentos fan un gran baloncesto pero non teñen acerto de cara o aro.
JUNIOR MASCULINO
LICEO LA PAZ 68 - 44 CB ARTEIXO DUACODE
Novo encontro irregular dos nosos que ademáis non puderon contar coa presenza de Iago e Simón na segunda parte por estar convocados co senior de segunda.
SENIOR DE TERCEIRA
MONEYBALL 134 - 41 CB ARTEIXO DUACODE
Encontro sen historia entre dous conxuntos moi alonxados na clasificación.
SENIOR DE SEGUNDA
CB ARTEIXO DUACODE 60 - 83 CB PORRIÑO PBB
Mal inicio da fase decisiva para os nosos senior que fixeron un mal encontro sobre todo na parcela defensiva. Moitos atrancos no rebote e no balance defensivo fixeron que os de Porriño anotaran canastras sinxelas. Hai moito que mellorar para loitar polo ascenso.