CARNICERÍA MUIÑO COSTA DA MORTE 25 - 61 CB ARTEIXO DUACODE (05-12, 03-18, 05-12, 12-19)
Así foi, os nosos senior de terceira división colleitaron en 6 días más victorias que en todo o ano. Por fin está a aparecer o bo xogo e estase a reflectir na pista o traballo feito o longo do ano.
Xa dende o inicio puideron observar os presentes que os arteixáns ían a tope na defensa, poñendo en moitas deificultades os rapaces do Costa da Morte. No ataque a cousa era moi diferente, o acerto do martes deixou paso a unha serie de desacertos dende a liña de 3 puntos que complicaban un chisco as cousas.
No segundo cuarto a defensa aínda deu un pasiño a diante e o ataque comezou a ser un pouco máis fluido, ademáis apareceu o acerto e as diferenzas comezaron a dispararse no electrónico.
Tras o descanso a intensidade non baixou pero voltou o desacerto, e o que é peor, que cada un deixou de pensar no equipo e comezou a facer a guerra pola súa conta. Por sorte foron uns escasos minutos e pouco a pouco os nosos xogadores comezaron a compartir o balón de novo.
No cuarto definitivo, con todo resolto, chegou un pouco de relaxación lóxca na defensa, pero o marcador xa non sufriría cambios importantes.
Tras estas dúas victorias toca seguir progresando contra dous dos mellores conxuntos da competición Cambre C e Laracha.
XOGARON POLO CB ARTEIXO DUACODE: DYLAN, DANI F., DANI A., PABLO, VICTOR, ADRIÁN, NICO, JAVI, DE LA RIVA, DIEGO E HUGO.