Senior: Peleteiro - CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 29/02/2020 20:00 Pavillón Montouto - Santiago || Senior: ADFRO - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Cocheras - A Coruña || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div - María T Martínez Dental CB Sarria · 01/03/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div - Liceo La Paz · 01/03/2020 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: KFC Culleredo Azul - CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón O Burgo || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 29/02/2020 10:00 Colexio Maristas - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div - Santa María del Mar B · 01/03/2020 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 29/02/2020 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div - Obradoiro Feminino · 29/02/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Alevín: Dominicos U11 - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo || Benxamín: Liceo La Paz - CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 29/02/2020 12:30 Pazo dos Deportes Pista 3 - Arteixo

O PREMIO GORDO

Infantil Feminino 2ª
21 Maio 2019
O PREMIO GORDO
O PREMIO GORDO

SANTO DOMINGO DE BETANZOS 25 - 26 CB ARTEIXO DUACODE (09-04, 06-02, 0-10, 10-10)

Qué encontro máis complicado... entre os nervos de poder acceder a unha final de copa, que o Pazo presentaba unha bóa entrada (qué grande a nosa afección!! sen eles igual non se xogaría a final), que o acerto foi o peor de toda a tempada e que o conxunto betanceiro defendeu fenomenal semellaba que as nosas non o ían a conseguir.

Tras unha primeira parte na que as arteixáns anotaron 6 puntos, sí leedes ben 6 puntos!! todo semellaba perdido, si ben é certo que unha moi bóa defensa as mantiña no partido. Pero unha vez máis as nosas rapazas amosaron o carácter competitivo que teñen, e sairon na segunda parte tendo moita seguridade no seu xogo e facendo unha defensa sensacional que deixou as de Betanzos sen anotar un so punto e co marcador por primera vez a favor das de Iván García.

O último cuarto voltou a ser unha cousa de tolos, mentres que os dous conxuntos afanábanse en defender a tope, as canastras caían en contapingas, pero sempre con ventaxas para as arteixáns, pero dúas triplas consecutivas das visitantes poñían as cousas moi complicadas para as de Arteixo. Que novamente se repuxeron para colocarse outra vez por diante.

No último minuto pasou de todo, e pudo gañar calquera, pero finalmente a victoria caeu do lado das nosas, que culminarán unha tempada extraordinaria xogando unha final de copa.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.