CB ARTEIXO DUACODE 52-46 BASQUET CORUÑA U17/18
8-12, 15-14, 20-9, 9-11
Empeza o partido con pouco ritmo por parte dos dous equipos que fai que o marcador se mova pouco a pouco. Non se ataca mal, pero non se acerta de cara ao aro.
Mellora un pouco o acerto no segundo cuarto, aínda que a defensa non é quen de rebaixar a anotación dos coruñeses. O marcador ao descanso reflexa un 23-26 para os visitantes.
Despois descanso, os nosos xogadores saen con máis intensidade e isto refléxase tanto no ataque (20 puntos anotados con 3 triplas) e tamén na defensa, permitindo só 9 puntos. Poñémonos por diante no marcador acabando o cuarto con 8 puntos de vantaxe.
O último cuarto transcorre con igualdade pero, aínda que perdemos o parcial, mantemos a distancia para acabar gañando o partido.