INFANTIL FEMININO
CB ARTAI 32 - 50 CB ARTEIXO DUACODE
INFANTIL MASCULINO
CB ARTEIXO DUACODE 2 63 - 34 SANTO DOMINGO DE BETANZOS
SANTA MARÍA DEL MAR 77 - 43 CB ARTEIXO DUACODE 1
CADETE MASCULINO
CB ARTEIXO DUACODE 51 - 63 KFC CULLEREDO AZUL
JUNIOR MASCULINO
CB ARTEIXO DUACODE 46 - 61 ORTODIX BASKET XIRIA ARTAI
JUNIOR FEMININO
CB ARTEIXO 30 - 64 SANTO DOMINGO DE BETANZOS
Tan só dúas alegrías en forma de victoria nos deixou a xornada. As que colleitaron os dous conxuntos do club que aínda permanecen invictos a estas alturas de tempada. O infantil masculino 2, que voltou a facer un encontro moi completo na tarde do sábado no Pazo, e o infantil feminino que visitaba o sempre complicado feudo do Artai e gañou nun encontro igualado.
O infantil 1 perdeu na cancha de Santa María do Mar nun encontro marcado polas defensas zonais dos dous conxuntos. Na que a maior presenza física dos colexiais terminou por impoñerse.
Pola súa banda o cadete masculino caeu na casa tras xogar unha primeira parte desastrosa anotando únicamente 9 puntos. Na segunda os de Fran Lozano melloraron moito pero non lles deu para apañar unha victoria.
O junior masculino recibía a un dos mellores conxuntos da competición, o Xiria - Aratai carballés. E a piques estiveron de dar a sorpresa, mágoa dun inicio irregular que lles impediu estar un pouco máis preto no marcador.
As rapazas do junior, dirixidas por Dani Fraga, non foron quen de competir como se esperaba contra o Santo Domingo de Betanzos, e perderon por un amplo marxe. A pouca intensidade defensiva acompañada de pouca agresividade no ataque condeou as nosas.