CB ARTEIXO DUACODE 54 - 62 BV ASESORES LOS ROSALES
6-16, 15-19, 16-16, 17-11
Derrota na que se pagou un mal inicio de partido.
Empezamos fríos e con moi pouco acerto de cara ao aro rival. A defensa tampouco funciona, pérdense moitos balóns e concédense canastras moi doadas debaixo do aro. O rebote tamén é unha lousa moi grande e os visitantes van collendo unha vantaxe clara, que chega aos 14 puntos.
No segundo cuarto empeza a mellorar un tanto o ataque, pero a defensa e o rebote seguen a ser un problema. Non somos quén de defender as liñas de pase e os coruñeses xogan moi cómodos no ataque. A distancia ao descanso e significativa, con 14 puntos que parecen moitos para a baixa anotación pola nosa parte.
No terceiro cuarto os xogadores saen concienciados de que hai que aumentar a intensidade e a agresividade de cara ao aro rival. E pouco a pouco vaise recortando a distancia, a pesares de que se erran varias situacións claras debaixo do aro e se fallan varuos contraataques. Pero ao final do cuarto o marcador volve a marcar os 14 puntos cos que se chegou ao descanso.
No último cuarto os nosos non se renden. Seguen a pelexar e chegan a colocarse a 6 puntos. Pero os visitantes recupéranse e manteñen o resultado ao seu favor ao final do partido.
Xogaron Iago, Zeus, Gonzalo, Raúl, Simón e Samuel. Enzo segue de baixa por lesión.