Presentábase o noso equipo infantil feminino na mañán do venres no pavillón carballés de Vila de Noia para participar dun evento tan importante como é o Memorial Loli Varela onde o longo do día dispútanse unha boa morea de encontros tanto de baloncesto coma de balonmán.
O encontro enfrontaba a dous dos conxuntos máis importantes da competición coruñesa. E ainda que era o menos importante de todo a verdade é que saiu un encontro ben interesante. O conxunto carballés foi por diante todo o partido e o final levou unha victoria axustada pero merecida.
Dar as grazas dende o CB Arteixo o CB Artai pola invitación e especialmente o seu presidente Joaquín Moreira por contar con nos para un evento de tanta importancia.