Senior: Santo Domingo Betanzos 83-89 CB Arteixo Duacode Senior M 2ª Div · 01/12/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 40-70 ADFRO · 30/11/2019 16:00 Pazo dos Deoortes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 38-41 KFC Culleredo · 30/11/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: Trebóns BC Esclavas 67-51 CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div · 30/11/2019 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña || Cadete: Esclavas 45-56 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 01/12/2019 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div 81-31 Maristas Champagnat · 30/11/2019 20:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santa María del Mar B 11-62 CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div · 01/12/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div 24-74 BV Asesores Los Rosales · 01/12/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña Leyma U11 61-11 CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div · 30/11/2019 12:30 Pazo dos Deportes Pista 2 - Arteixo || Alevín: Calasanz 47-30 CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 30/11/2019 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Benxamín: KFC Culleredo Amarillo 41-50 CB Arteixo Duacode Benxamín F 2ª Div · 30/11/2019 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

O CB ARTEIXO DUACODE NUN ENCONTRO DE ACB

28 Decembro 2018
O CB ARTEIXO DUACODE NUN ENCONTRO DE ACB
O CB ARTEIXO DUACODE NUN ENCONTRO DE ACB O CB ARTEIXO DUACODE NUN ENCONTRO DE ACB O CB ARTEIXO DUACODE NUN ENCONTRO DE ACB O CB ARTEIXO DUACODE NUN ENCONTRO DE ACB

Por segunda tempada consecutiva o CB Arteixo Duacode organiza unha viaxe para poder asistir a un encontro do Monbus Obradoiro no Multiusos Fontes do Sar. Nesta ocasión contra o Baxi Manresa.

A expedición arteixán contaba con 54 persoas que viaxaban en bus e 7 máis que o facían en coches particulares.

O encontro foi moi entretido, cun inicio no que as defensas estaban ausentes e a anotación disparábase, pero pouco a pouco a dureza foi dando paso a un desacerto maior.

Tras o descanso semellaba que os santiagueses ían a marchar no marcador pero un sensacional Toolson fixo meter os manrresáns de novo no encontro.

O final foi igualado pero o desacerto por parte do Monbus Obradoiro fixo que a victoria marchara para terras cataláns.

A nota máis destacada pola parte do noso club foi que por primeira vez un equipo noso poidera xogar no descanso dun encontro da segunda mellor liga do mundo, así coma realizar diferentes xogos nos tempos mortos. Foi o caso do noso infantil feminino reforzado con algunha xogadora cadete. Deste xeito o equipo amarelo conformado por Inés, Carla, Antía Rodríquez, Andrea e Lucía, xogou contra o conxunto verde no que estaban: Miriam, Laura, Sabela, Xoana e Sofía. por momento ata xogaron con xeito...aínda que iso era o de menos xa que estaban a vivir un momento inesquecible para elas. Tamén foron chulos de ver os xogos onde participaron dunha banda Xoana e Sabela (facendo o "pato mareado" Xoana levou un balón de recordo) e Lucía e Antía que tiñan que anotar levando un balón nunha táboa (a unha das dúas debeulle de parecer moi difícil que no fixo uso da mesma para tirar...). En fin, moita diversión e moitas risas durante todo o encontro, que tódolos días no pode ver un un partido de ACB a pé de pista!!

Tan só queda dar as grazas o Monbus Obradoiro por darnos a oportunidade de vivir esta experiencia e en especial a Adrián Barreiro polo trato excelente dispensado. Sen dúbida toca repetir!! a qué equipo do CB Arteixo Duacode lle tocará xogar para o ano no Sar?


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.