Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª - Peleteiro Frutas Barreiro · 23/03/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: Carnicería Muiño costa da Morte - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª · 24/03/2019 17:00 Pavillón Municipal - Cee || Junior: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª · 23/03/2019 20:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª · 23/03/2019 16:00 Pavillón Los Rosales - A Coruña || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª - Top Quality Cars Cambre B · 24/03/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Santo Domingo Betanzos - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 24/03/2019 10:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª - BBCA Tras do Castelo · 23/03/2019 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Alevín: Basquet Coruña U12/11 - CB Arteixo Duacode Alevín Masculino · 23/03/2019 09:30 Pazo dos Deportes - Arteixo || Benxamín: KFC Kulle Mixto - CB Arteixo Duacode Benxamín Mixto · 23/03/2019 11:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP

8 Abril 2018
O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP
O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP O CB ARTEIXO DUACODE NA VILAGARCÍA BASQUETCUP

Partía a expedición arteixán preto das 9 da mañán do Pazo dos Deportes, con moi mal tempo e cariñas de sono na maioría dos que viaxamos no bus. Pouca festa houbo na viaxe de ida, todos moi tranquilos e mesmo algún adestrador ata botou un soniño.

Chegada e a controlar que pista nos toca para os encontros, o equipo feminino composto por 8 xogadoras do equipo alevín, 3 do benxamín e una da EDM xogaría 3 encontros no que o de menos coma sempre sería o resultado, bo xogo por momentos e moita pelexa iso si, e as pequnas dando moi bo nivel (cada día van a mellor).

No caso dos rapaces tamén xogaron 3 encontros, e a representación neste caso era: 4 do alevín 1, 5 do alevín 2 e 2 benxamíns. Nos partidos máis do mesmo, sen marcador se xoga mellor!! Boa loita de todos e cos pequnos pisando forte.

No medio de todo isto tocou visitar os hinchables, onde coma sempre a diversión foi máxima, algún subiu na moto e non era quen de baixar…

Tamén tocou cociñar, cada participante tivo que facer o seu bocata, a mayoría con bastante xeito: atún con queixo, de sadinillas, de tomate con mexillóns,…pero houbo algún que como tiña dúbidas botoulle de todo!! Quedou un bocata do máis orixinal.

Por último quedaba a festa final onde non faltaron a entrega de camisetas e os míticos bailes do torneo de Vilagarcía. Como vedes foi una xornada moi completa, tivo de todo.

Xa cara a tardiña de volta a Arteixo, nunha viaxe tranquila tamén, onde o pobo recibiunos coma o deixmos, con choiva, pero os expedicionarios regresaron todos coa ledicia de participar nun gran evento como é a Vilagarcía Basquetcup onde non só se xoga o baloncesto.

Agradecer a organización a invitación un ano máis.

O ANO QUE VEN…………………..VOLTAMOS!


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.