Otra boa nova despois da clasificación do alevín feminino para a fase de ascenso á primeira división.
O cadete masculino clasificou para a final a catro da Copa Primavera despois de eliminar ao Liceo la Paz gañando os dous partidos dos cuartos de final (58-49 en Arteixo e 71-89 na pista coruñesa).
Un gran final para o equipo que ven de facer unha moi boa tempada despois de quedar terceiros do grupo na primeira fase da liga co un balance de 9 victorias e 5 derrotas e ser segundo no grupo segundo da segunda fase da liga con 4 victorias e 2 derrotas para acadar o sexto posto final na liga de segunda división.
Na Copa Primavera pasou a cuartos de final sendo o segundo cabeza de serie por ser o segundo equipo con mellor balance dos inscritos e, como xa se indicou ao principio, pasou claramente a eliminatoria.
A fase final celebrarase o vindeiro domingo 27 no Pavillón Elviña II da Coruña e as semifinais serán:
- ESCLAVAS - SANTA MARÍA DEL MAR ás 10:00 h
- BASQUET CORUÑA U15 - CB ARTEIXO DUACODE ás 12:00 h
A final será o tamén o domingo ás 17:00 h no mesmo Pavillón Elviña II entre os vencedores das semifinais.