CB ARTEIXO DUACODE 69 - COMPAÑÍA DE MARÍA 24 (25-8, 17-06, 13-8, 14-2)
Gran encontro o que xogaron as rapazas de Arteixo na tarde do sábado no Pazo dos Deportes. Un inicio fulgurante, con moi boas defensas e movendo o balón con criterio no ataque fixeron que as primeiras diferenzas non tardaran en aparece (os 25 puntos acadados no primeiro cuarto polas locáis falan por si sos), e non deixarían de medrar en todo o encontro. Iso foi o mellor do CB Arteixo Duacode no partido, a constancia e nunca mirar cara o luminoso, se non que sempre trataron de facer o seu xogo.
Deste xeito chegaron canastras de todas as cores mostrando o trballado neste inicio de campaña nos adestramentos. A defensa tampouco quedou atrás e sempre foi poñendo un bo punto de intensidade.
Simplemente queda dar a noraboa polo bo traballo realizado neste segundo encontro de liga, iso sí, non hai que parar aquí, a marxe de mellora segue a ser moi grande.