Senior: CALVO ARTAI - CB Arteixo Duacode Sénior M 2ª Div · 10/01/2021 12:00 Pavillón Vila de Noia - Carballo || Senior: ESCLAVAS - CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div · 09/01/2021 10:00 Polideportiva Riazor 2 - A Coruña

O CADETE CAE NAS SEMIFINAIS DA COPA PRIMAVERA

Cadete Masculino
28 Maio 2018
O CADETE CAE NAS SEMIFINAIS DA COPA PRIMAVERA
O CADETE CAE NAS SEMIFINAIS DA COPA PRIMAVERA

BASQUET CORUÑA U15 53-48 CB ARTEIXO DUACODE

18-11, 9-12, 15-16, 11-9

Non puido ser. A pesares do gran esforzo feito polos nosos xogadores e do bon partido xogado, non puidemos chegar a gañar o partido... pero isto non quita nada do mérito que tiveron os xogadores pelexando ata o final do partido e tendo prácticamente opcións ata o último momento.

Empezou o partido cos nosos xogadores un pouco fríos, fallando debaixo do aro e permitindo tiros liberados para os coruñeses que aprioveitaron para poñerse con un 10-2. Reaccionaron os nosos e apretaron o marcador, pero ao final do cuarto volveron a escaparse no marcador e acabou o cuarto con 7 puntos de desvantaxe.

No segundo cuarto asentamos un pouco o xogo pero, no minuto tres un golpe anímico coa lesión de Enzo (que non podería voltar ao partido) do que os xogadores son quen de repoñerse repartindo o traballo defensivo entre todos e facendo que os coruñeses tiveran que traballar moito cada canastra.

Á volta do descanso os ataques superan ás defensas e o marcador mantense igualado, pero os de David Varela e Adrián Álvarez seguen por diante e van marcando distancias, ademáis a cuarta falta de Simón obrígano a ir ao banco pero apretamos os dentes e imos descontando para recuperar outro punto ao finaldo cuarto e chegar ao último con 3 puntos de desvantaxe (42-39).

Ao principio deste último período parece que os coruñeses se escapan chegando a ter 11 puntos de vantaxe, pero outra vez os xogadores voltan a traballar para recuperar e acercarse chegando ao final con opcións pero, non puido ser... ao final 5 puntos de vantaxe para Basquet Coruña que son (como poderíamos ser nos) xustos vencedores do partido.


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.