CB ARTEIXO DUACODE 54 - 37 ARTAI (20-04, 08-11, 12-08, 14-14)
Saíron as arteixáns dispostas a mandar no encontro dende o inicio, e cunha defensa moi intensa nas liñas de pase comezaron a recuperar balóns que terminaban en rápidos contraataques que ían marcando as primeiras diferenzas importantes no luminoso ata chegar o final de esta cuarto cun resultado de 20-04 que falaba ben as claras do gran xogo despregado polas locáis.
Tras esta gran inicio as carballesas refixéronse no seu xogo e as locáis baixaron moito as prestacións defensivas con erros que non se deben cometer e as cousas igualáronse un chisco.
Tras o descanso o encontro seguiu pola misma liña marcada no cuarto anterior, aínda que as do CB Arteixo Duacode melloraron a súa concentración defensiva, pero a anotación ía a contapingas.
No inicio do último cuarto chegaron os peores momentos do CB Arteixo Duacode, as do Artai chegaron a colocarse a tan só 7 puntos de diferenza, pero ahí as arteixáns voltaron a sacar o seu mellor xogo e cun parcial de 10 a 2 nos últimos 4 minutos de encontro non deron lugar a sorpresa.