|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior M 3ª Div 59-67 Oleiros · 25/01/2020 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior F 2ª Div 56-59 KFC Culleredo · 25/01/2020 16:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior M 2ª Div 31-95 Basquet Coruña J · 26/01/2020 19:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Basquet Coruña U16/15 48-57 CB Arteixo Duacode Cadete M 2ª Div · 26/01/2020 12:00 Pavillón Ventorrillo - A Coruña || Infantil: Obradoiro 24-53 CB Arteixo Duacode Infantil F 2ª Div · 25/01/2020 12:00 Colexio Obradoiro - A Coruña || Infantil: CB Arteixo Duacode Infantil M 2 2ª Div 54-58 Basquet Coruña U14 · 26/01/2020 17:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Infantil: Compañía de María 63-53 CB Arteixo Duacode Infantil M 1 2ª Div · 25/01/2020 18:00 Colexio compañía de María - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín F 2ª Div 42-30 Compañía de María Azul · 25/01/2020 11:00 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo || Alevín: Liceo La Paz Blanco - CB Arteixo Duacode Alevín M 2ª Div · 25/01/2020 09:30 Pazo dos Deportes Pista 1 - Arteixo

Novo comezo para as alevíns

Alevín F 2ª Div
31 Outubro 2019
Novo comezo para as alevíns


Primeiro partido da tempada para as nosas alevíns do CB Arteixo Duacode  que nesta ocasión enfrontouse ao equipo Jesuitinas B. O noso equipo Alevín tivo ata cinco xogadores debutando na competición.

O partido comezou con moita igualdade entre os dous equipos. Os nervios do primeiro partido da tempada notáronse o que se transformou en erros que os dous equipos usaron para conseguir cestas fáciles preto do aro.

Esta igualdade mantívose ata o cuarto período onde o equipo de Jesuitinas logrou saír cunha lixeira vantaxe ao final. Tras o descanso entre os cuartos, o Arteixanas tivo no quinto periodo o máis desacertado , que o equipo rival aproveitou para conseguir unha vantaxe de 14 puntos ao final do período.

Pero non estaba todo dito polas nosas rapazas, que apoiadas nunha gran defensa, conseguiron roubar e marcar con solvencia poñéndose a tres puntos e posesión a falta de 20 segundos. Neste momento, sacouse de fondo e Sira (xogadora alevín de segundo ano) recibiu a pelota e despois de dar 5 botes, parou e marcou unha tripla que empatou o partido a falta de 10 segundos. As xogadoras jesuitinas non estaban dispostas a deixar escapar o partido e cun disparo no último segundo, que acabaría entrando, sentenciarían o encontro.

Por último, felicitar ás nosas rapazas por non renunciar ata o final e por un gran xogo.

 

CB Arteixo Duacode 47-49 Jesuitinas B

 


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.