CALASANCIAS 31 - 73 CB ARTEIXO DUACODE
Sábado 17 de novembro de 2018, 11.00h, Agra II - A Coruña
Nova victoria para o CB Arteixo Duacode Alevín Masculino, que lle permite situarse ao fronte da clasificación.
CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Álex Rama, Aarón Romero, Álvaro Fernández, Carlos Senra -5 inicial-, Hugo Núñez, Yago Prados, Martín Rodríguez, Óscar Mañana, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)
Parciales: Acta ilexible.
Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente
Bo comezo por parte dos arteixáns, xa que a intensidade defensiva daba froitos e permitía recuperar numerosos balóns. Sen embargo, os visitantes mostrábanse erráticos en ocasións preto de canastra. Polo tanto, as diferenzas acadábanse grazas principalmente ao maior numero de ocasións partindo do éxito defensivo ante un rival con dificultades.
Na segunda metade o xogo dos arteixáns iría cara abaixo. A sensación de ter o partido controlado acrecentaba os erros de concentración e as primeiras mostras de relaxación, ata o punto de perder dous dos tres parciais desta metade e evidenciando moitos aspectos que mellorar (31-73 final).