CB ARTEIXO DUACODE 53 - 41 SANTA MARÍA DEL MAR
17-6, 12-9, 15-8, 9-16
Bo partido do equipo que propiciou unha victoria clara que nos deixa cun balance de 2-1.
Empezou moi ben o partido con boa actividade defensiva e rapidez no ataque. 8-0 para empezar. Bo movimento contra a zona visitante con bos balóns interiores que producen boas accións. A defensa baixa un pouco e aparece algún despiste que deixa situacións cómodas que os colexiais non aproveitan de todo.
No segundo cuarto iguálase un tanto o xogo con varias accións precipitadas dos nosos xogadores que van acompañadas do dominio do rebote defensivo visitante. O ritmo anotador baixa, pero chegamos ao descanso con 14 puntos de vantaxe.
No terceiro cuarto outra vez se move ben o balón contra a zona e aparecen bos tiros de tres puntos que se acaban convertindo (tres triplas neste cuarto) que levan a diferencia ata os vinte puntos. Acabando o cuarto con 21 de vantaxe.
No último cuarto a intensidade e o dominio do xogo baixan un pouco según vai pasando o tempo. O ataque xa non é tan efectivo e prodúcense algúns tiros precipitados. A distancia no marcador baixa, pero a victoria non corre perigo en ningún momento.
O próximo partido será este mércores 31 en Carballo diante de Artai, adiantado á xornada da fin de semana.