CB ARTEIXO DUACODE 12 - 63 MONTROVE ORIGEN GALICIA
Sábado 12 de xaneiro de 2019, 16.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo
CB Arteixo Duacode: Mario De Oliveira, Iker García, Juan Sánchez, Hugo Lombao, Aarón Romero - 5 inicial - Lucas Vidal, Raúl Vázquez, Aharón Pin, Mateo García, Anxo Novás, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)
Montrove Origen Galicia: F.Ventureira, C.Cacheiro, A.Gonzales, D.Maceiras, R.Balseiro, H.Gómez, A.Boo, P.Balsa, P.Rodríguez, A.Seoane
Parciais: 6-18, 12-41 (descanso), 12-63 (acta cerrada no terceiro cuarto)
Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores
Tras a boa imaxe de Laracha tocaba recibir ao lider da competición. Unha dura proba onde sen embargo os arteixáns comezaban con convicción e plantando cara nos primeiros intres do encontro, chegando con máis claridade ao aro rival que no partido da primeira volta (6-18 min 10).
No segundo cuarto os visitantes comezaban a sacar partido da sua superioridade física tanto nas transicións coma preto do aro. Aínda así, os nosos mozos continuaban a disfrutar de ocasións no ataque e a pelear en defensa, chegando a pechar a primeira metade con un discreto pero traballado 12-41.
Tras a reanudación chegaban os peores minutos do encontro. As primeiras xogadas non reportaban bos resultados, e cos arteixáns cada vez máis pendentes do marcador cando tiña que ser xusto o contrario mostrábanse incapaces de anotar e Montrove cerraba marcador neste periodo (12-63, acta cerrada no terceiro cuarto).
No derradeiro cuarto os arteixáns continuarían a ter moitas dificultades para atacar con fluidez, en parte por erros de concentración que levaban a saírse das indicacións técnicas, especialmente significativo ante un rival moi disciplinado durante todo o encontro. Malia todo, mostrando unha maior implicación defensiva e desexo polo balón na parte traseira da pista, aspectos nos que urxe continuar mellorando.