|| Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Fucobet · 08/06/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo

NOVA FASE MESMOS DESPISTES

Infantil Masculino 2ª
13 Marzo 2019
NOVA FASE MESMOS DESPISTES

 

CB ARTEIXO DUACODE 36 - 50 MARISTAS CRISTO REY

Sábado 9 de marzo de 2019, 16.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo

CB Arteixo Duacode: Miguel Lorenzo, Juan Sánchez, Mateo García, Álex Rama, Hugo Lombao - 5 inicial - Brais Queijas, Mario De Oliveira, Aarón Romero, Anxo Novás, Carlos Senra, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)

Parciais: 14-12, 20-28 (descanso), 25-43, 36-50 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Un bo comezo facía presaxiar un gran encontro. Os arteixáns aproveitaban os espazos e lideraban o marcador. Sen embargo, cando o conxunto rival lograba achegarse a canastra finalizaba con pouca oposición (14-12 min 10).

No segundo cuarto a efectividade reducíase no lado arteixán. Pola contra, os nosos tiñan que esforzarse para procurar que os visitantes non se achegasen a canastra, onde comezaban a castigar no rebote. Bastaban algunhas relaxacións puntuais para que o rival acadase con facilidade as suas primeiras vantaxes (20-28 descanso).

Na segunda metade os arteixáns saltaban durmidos á pista. A posibilidade de remontada afastábase por sensacións. Tamén baloncestísticamente cando o rival replegábase e os nosos tiñan moitas dificultades tanto de xerar vantaxes en xogo coma de acertar dende a liña de persoal (25-43 min 30).

Serían os minis os que sen necesidade de canastras poñerían a actitude necesaria en cada xogada, e de gozar de máis acerto nalgunhas ocasións claras meterían de novo aos locais no partido. Pero non puido ser e os pequenos intres de relaxación dos arteixáns durante o encontro serían suficientes para chegar sen opcións ao remate (36-50 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.