Senior: Santo Domingo Betanzos B - CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 2ª · 20/01/2019 19:00 Pavillón Municipal - Betanzos || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - CB Laracha M3 · 18/01/2019 21:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Senior: CB Arteixo Duacode Sénior Masculino 3ª - Maristas Coruña · 20/01/2019 12:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Junior: CB Arteixo Duacode Júnior Masculino 2ª - Carballo a un Paso Artai EBX · 19/01/2019 18:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: CB Arteixo Duacode Cadete Feminino 2ª - Top Quality Cars Cambre · 20/01/2019 10:00 Pazo dos Deportes - Arteixo || Cadete: Santa María del Mar - CB Arteixo Duacode Cadete Masculino 2ª · 19/01/2019 10:00 Colexio Santa María del Mar - A Coruña || Infantil: BV Asesores Los Rosales - CB Arteixo Duacode Infantil Feminino 2ª · 19/01/2019 18:00 PavillónLos Rosales - A Coruña || Infantil: Maristas Champagnat - CB Arteixo Duacode Infantil Masculino 2ª · 20/01/2019 16:00 Colexio Maristas - A Coruña || Alevín: Jesuitinas - CB Arteixo Duacode Alevín Feminino · 19/01/2019 19:15 Pavillón Agra II Pista 2 - A Coruña || Alevín: CB Arteixo Duacode Alevín Masculino - Jesuitinas C · 19/01/2019 17:45 Pavillón Agra II Pista 1 - A Coruña

NOVA DERROTA, MELLORES SENSACIÓNS

Infantil Masculino 2ª
13 Novembro 2018
NOVA DERROTA, MELLORES SENSACIÓNS
NOVA DERROTA, MELLORES SENSACIÓNS

CB ARTEIXO DUACODE 28 - 47 MARISTAS CHAMPAGNAT

Sábado 10 de novembro de 2018, 16.00h, Pazo dos Deportes - Arteixo

Nova derrota para o CB Arteixo Duacode na estrea coma local do conxunto arteixán na 2ª División Infantil.

CB Arteixo Duacode: Iker García, Diego Bonifacio, Aharón Pin, Mateo García, Hugo Lombao - 5 inicial - Mario De Oliveira, Lucas Vidal, Juan Sánchez, Raúl Vázquez, Manu López, Brais Martínez, David Eirís (adestrador)

Maristas Champagnat: M.Maciel, A.Lorenzo, I.Sieira, F.J. Da Silva, M.Bahamonde, M.Legide, X.Solla, D.Míguez


Parciais: 4-14, 12-26 (descanso), 19-41, 28-47 (final)

Asistencia: Aproximadamente uns 30 espectadores


Novo comezo frouxo por parte dos arteixáns, sen concentración para executar as funcións asignadas nas transicións tras canastra e sen a intensidade necesaria para efectuar o balance defensivo, donde o conxunto visitante obtiña as primeiras diferenzas (4-14 min 10).

No segundo cuarto melloraban as prestacións anotadoras pero mantíñanse as faltas de concentración defensivas, deixando ó rival recibir liberado cerca de canastra en moitas ocasións, ben por descuidar as espaldas ou ben por non ter ben asimilados os emparexamentos defensivos. A diferenza mantíñase case igual xa que os visitantes perdoaban canastras liberados (12-26 descanso).

Trala reanudación repetíanse os errores da primeira metade, con moitas faltas de concentración que non facían mais que aumentar a ventaxa do conxunto visitante (19-41 min 30).

Sería no derradeiro cuarto cando se verían os mellores minutos dos arteixáns, quenes mostrando unha mentalidade mais colectiva gañaban o cuarto, se ben resultaba insuficiente (28-47 final).


Compartir en:

Anterior Seguinte
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.