CALASANZ 61 - 70 CB ARTEIXO DUACODE
Domingo 3 de febreiro de 2019, 16.15h, Sagrada Familia - A Coruña
CB Arteixo Duacode: Brais Queijas, Álex Rama, Aarón Romero, Óscar Mañana, Carlos Senra -5 inicial- Adrián Santos, Hugo Núñez, Yago Prados, Martín Rodríguez, Víctor de Oliveira, David Eirís (adestrador)
Parciais: 12-24, 25-30, 35-44 (descanso), 45-50, 55-65, 61-70 (final)
Asistencia: Bo ambiente no sector da bancada correspondente
O encontro comezaba con malas sensacións dende o quecemento, onde os arteixáns se exercitaban con pouca actitude. Xa en xogo, os nosos mostrábanse moi acertados no apartado ofensivo, acadando unha ventaxa de dous dixitos. Dende entón, os arteixáns poñerían constantemente en risco dita renda polo resto do choque.
Sen loitar nin o rebote nin os balóns mortos, os visitantes concedían moitas oportunidades ó rival e confirmábanse os malos presaxios do comezo da xornada (35-44 descanso).
Na segunda metade continuaban os problemas defensivos e particularmente no balance. Así, os arteixáns non eran capaces de conter as acometidas do rival e quedaban a expensas do acerto ofensivo. Unha mala nova xa que a permisividade arbitral condicionaba cada vez máis o encontro e os estilos de xogo. O derradeiro periodo comezaba cos nosos evidenciando cada vez máis problemas, saída de balón incluida. Afortunadamente tomaban conciencia defensiva xusto a tempo, concedendo poucas canastras e garantizando a victoria malia non comezar con moi bo pé esta segunda fase (61-70 final).